martes, 20 de octubre de 2026

A NOSA PEGADA DIXITAL: APRENDENDO  A PROTEXELA

Hoxe, un grupo de 2º de ESO, participou nunha charla impartida por Cristina Cabeza en representación da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). 
Esta actividade enmárcase no programa da Consellería "Uso seguro da pegada dixital"
A sesión permitiu reflexionar sobre a identidade dixital, é dicir, a imaxe que cada un de nós constrúe en internet, e sobre a pegada dixital, o rastro que deixan as nosas accións na rede.
Durante a charla abordáronse diferentes aspectos:
  • A pegada dixital dos influencers e o impacto dos contidos que publican.
  • A información que as redes sociais recollen sobre nós: os nosos intereses, as relacións que mantemos e mesmo os indicios que lles permiten inferir o noso estado de ánimo.
  • A influencia dos algoritmos nos contidos que vemos e consumimos. Introduciuse o concepto de dwell time, o tempo que nos detemos nun contido mentres navegamos ou facemos scroll, que pode servir para identificar aquilo que capta a nosa atención.
  • A ciberseguridade e a configuración da privacidade nas redes sociais, con recomendacións como evitar compartir a localización, limitar os anuncios personalizados e activar a verificación en dous pasos.
  • O uso da intelixencia artificial en redes como TikTok e a súa relación coa creación de contidos falsos e coa desinformación.
  • A Canle Prioritaria da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), que permite comunicar a difusión non consentida de contidos sexuais ou violentos que poñan en grave risco as persoas afectadas e solicitar a súa retirada urxente.
A charla incluíu exemplos prácticos sobre os riscos de confiar na IA, sen contrastar a información, como o caso dun influencer que perdeu un voo tras seguir a recomendación de     que non era necesario o visado para entrar no país de destino; a retirada da admisión a varios futuros estudantes de Harvard por compartir bromas ofensivas nun grupo de Facebook; a decisión do Deportivo de non fichar  a un xogador  por un tuit ofensivo; o caso dunha moza que perdeu unha oportunidade de prácticas na NASA polos seus comentarios nas redes sociais. 

Estes exemplos permitiron reflexionar sobre como o que compartimos en internet pode afectar o noso futuro académico e profesional.

Unha sesión para aprender a coidar a nosa identidade dixital, protexer os nosos datos e desenvolver unha mirada crítica ante os contidos que circulan pola rede.



martes, 13 de octubre de 2026

 REUNIÓN DA PERSOA TITORA  CAS FAMILIAS

A reunión inicial do profesorado e as familias pode ter unha importancia grande no funcionamento de todo grupo durante o resto do curso. Un dos obxectivos básicos é crear un clima de colaboración que pode contribuir á solución de posibles problemas que poidan xurdir.

Aspectos relativos ó seu desenvolvemento:

  • Valorar a asistencia de quen está, independentemente das persoas que non asistan.
  • Presentación de cada unha das persoas asistentes. Pode ser interesante sentarse en círculo para que todo o mundo vexa ao resto cando fala. Neste sentido os círculos de diálogo poden ser unha ferramenta das prácticas restaurativas útiles.  Axuda a crear bo clima e implicar a todo o mundo no desenvolvemento da mesma. Por deferencia, a persoa titora comezará a rolda de presentación comentando algunhas cousas como: nome, materia e cursos que imparte...Unha vez feita, iniciará unha quenda de presentación do resto: nome, nome do fillo/a e posibilidade de que engadan algunha información a maiores.
  • Explicación dos puntos tratados na presentación que está máis abaixo
  • Que exista un tempo ao final para que se poidan incluír algunha pregunta a maiores das que fosen xurdindo durante o desenvolvemento da reunión.
  • Rematar facendo un resumo dos asuntos máis importante tratados na reunión.
  • Fuxir durante o desenvolvemento da mesma de termos demasiado complicados, técnicos ou abstractos para as familias.
  • Insistir en aspectos básicos como a colaboración e a comunicación como base de traballo e da relación centro-familias
  • Evitar os comentarios personalizados sobre alumnos ou alumnas concretos que deberán ser obxecto de xuntanzas específicas con cada familia.


domingo, 27 de septiembre de 2026

 TECENDO VÍNCULOS: CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN

Comezamos o curso creando un espazo para escoitarnos e compartir. A través dun círculo de diálogo, o profesorado de nova incorporación xunto co equipo de convivencia tivo a oportunidade de coñecerse  máis e  crear  vínculos que nos unen como comunidade educativa. Asemade, alguns de nós tamén aproveitamos para presentarnos como membros integrantes deste equipo de convivencia.

A dinámica desenvolveuse seguindo a estrutura propia dos círculos de diálogo,  que se enmarcan dentro das prácticas restaurativas, na que todas as persoas participantes se sitúan nun plano de igualdade e teñen a oportunidade de expresarse. Un obxecto da palabra, vai pasando entre todos os participantes,  favorecendo unha escoita atenta e respectando os tempos de cada quen.

Para construir convivencia, ao longo do círculo formuláronse estas preguntas: 

  • Unha primeira pregunta de presentación: nome, materia que impartes e cantos anos levas na profesión (de ser o caso) , indicando quen forma parte do equipo de convivencia.
  • Unha segunda pregunta: algunha cousa da que te sentiches orgulloso na tua experiencia como profe.
  • Terceira e última pregunta: cal foi a túa motivación para ser profe.

Non se trataba de buscar respostas correctas nin de chegar a conclusións concretas, senón de compartir, escoitar e coñecernos mellor. 

">
">
‹ Desliza para ver máis fotografías ›

lunes, 8 de junio de 2026

 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL

Preme nas ligazóns para ter máis información

A FORMACIÓN PROFESIONAL, UNHA OPCIÓN DE FUTURO: ENCONTRO CO ALUMNADO DE 4º DE ESO 

O pasado luns, 1 de xuño tivemos a oportunidade de recibir no noso centro a visita dunha representante da Cámara de Comercio, acompañada por dous alumnos de ciclos de Formación Profesional e un alumno do noso centro do ciclo de Actividades Físicas. O obxectivo deste encontro foi achegar ao alumnado de 4º da ESO información de primeira man sobre as diferentes opcións que ofrece a Formación Profesional. Durante a charla, os estudantes invitados compartiron a súa experiencia persoal, explicando por que decidiron escoller a FP, como é o seu día a día nos ciclos que están a cursar e cales son as oportunidades formativas e laborais que lles ofrece esta modalidade educativa. As súas intervencións resultaron moi enriquecedoras, xa que permitiron ao alumnado coñecer exemplos reais e resolver dúbidas sobre itinerarios académicos e saídas profesionais. Pola súa banda, a representante da Cámara de Comercio destacou a importancia da Formación Profesional no actual mercado laboral, incidindo na alta demanda de profesionais cualificados e nas múltiples posibilidades de inserción laboral que ofrece esta vía formativa.
  
 

miércoles, 3 de junio de 2026

 ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO


 GUÍA PARA COÑECER OS CONTIDOS DAS MATERIAS DE 4° ESO

Esta guía foi elaborada por Javier Barreiro, orientador do IES de Cotobade e adaptada por Nuria Míguez, orientadora do IES de Caldas de Reis.

Nela atoparás os contidos das materias de:

  • Matemáticas A
  • Matemáticas B
  • Bioloxía
  • Física e Química 
  • Dixitalización
  • Economía e emprendimento
  • Música 
  • Tecnoloxía
  • Educación Artística 
  • Formación e Orientación Personal e Profesional
  • Cultura Clásica
  • Oratoria
Pincha na imaxe para acceder






viernes, 27 de marzo de 2026

 INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E REDES SOCIAIS

O noso centro participou recentemente nun programa promovido pola Consellería de Educación, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria e Ciclos Formativos.

A actividade levouse a cabo o mércores 25 de abril cun grupo de alumnas e alumnos de 2º de ESO, que asistiron a un obradoiro durante a hora de titoría, impartido por profesionais de ANTEGA.

Durante a sesión, o alumnado puido reflexionar e aprender sobre aspectos clave relacionados co uso responsable das tecnoloxías e a súa presenza na rede. Entre os contidos traballados destacan:

  • Que é a pegada dixital e que información deixamos ao navegar por internet (historial, dirección IP, etc.).
  • Exemplos reais de pegada dixital a través de influencers coñecidos.
  • O concepto de identidade dixital e a súa importancia.
  • O egosurfing e a xestión da propia imaxe en liña.
  • O funcionamento dos bots e dos metadatos.
  • A relación entre tecnoloxía, fogar e privacidade.
  • A configuración da privacidade nas redes sociais.
Este tipo de iniciativas contribúe a fomentar un uso máis seguro, crítico e responsable das ferramentas dixitais entre o alumnado.
 








martes, 17 de marzo de 2026

 CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza de María Elena Hernández Pereira , profesora da Universidade de A Coruña, quen impartiu unha charla dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato. A continuación, preséntase o material exposto durante a súa intervención.


Velaquí está a presentación.

viernes, 13 de marzo de 2026

 OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL IMPARTIDOS POR QUÉROTE +

Os centros Quérote+ son un servizo público, amable e seguro dirixido á mocidade, familias e profesionais, onde resolver dúbidas de forma anónima.

Entre os seus servizos destacan as consultas, tanto presenciais como en liña,  en relación a cuestións relacionadas coa educación afectivo-sexual dirixidas á mocidade.

Tamén imparten programas nos centros educativos. No noso centro estiveron co alumnado de 3º de ESO esta semana. Os contidos que abordaron foron:
  • Presentación dos centros Quérote+
  • Definición de sexualidade da diversidade como valor.
  • Axentes de educación sexual e impacto da pornografía.
  • Botrato e consentimento.
  • Prevención do embarazo non planificado e enfermidades de transmisión sexual.

En Coruña este servizo está ubicado en Linares Rivas 



A NOSA PEGADA DIXITAL: APRENDENDO  A PROTEXELA Hoxe, un grupo de 2º de ESO, participou nunha charla impartida por Cristina Cabeza en represe...