Mostrando entradas con la etiqueta Novos graos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novos graos. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de noviembre de 2017

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 6 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2017/18. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

  1. Grao  en Xestión Industrial da Moda: Ofertaranse 50 prazas e POSIBLIMENTE estará vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e lóxicamente os parámetros de ponderación aínda están por determinar. Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés.
  2. Grao en Paisaxe: trátase dun grao interuniversitario. Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. Teñe previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .É unha aposta grande dende diferentes institucións. Tamén ofertarán 50 prazas. Igual  que no caso anterior, están por regular os parámetros de ponderación.
TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

  1. Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: haberá 50 prazas.
  2. Creación, Animación e contidos dixitais : será simultánea con Comunicación Audiovisual: haberá 50 prazas.
TITULACIÓNS QUE PODERÁN  ADOPTAR ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 

  1. Grao en Información e Documentación: Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
  2. Doble grao en Administración e Dirección de Empresas e empresarias: tamén terá cambios.
  3. Grao en Enxeñaría Eléctrica: terá un formato dual. Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
TITULACIÓNS QUE DESAPARECEN

  1. Doble grao de Ciencias Empresariais e Arquitectura: pouca demada deste grao

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEE )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas genéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
LIGAZÓN RELACIONADO: ( novidades nas tres universidades galegas )

    SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL Preme nas ligazóns para ter máis información