domingo, 27 de septiembre de 2026

 TECENDO VÍNCULOS: CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN

Comezamos o curso creando un espazo para escoitarnos e compartir. A través dun círculo de diálogo, o profesorado de nova incorporación xunto co equipo de convivencia tivo a oportunidade de coñecerse  máis e  crear  vínculos que nos unen como comunidade educativa. Asemade, alguns de nós tamén aproveitamos para presentarnos como membros integrantes deste equipo de convivencia.

A dinámica desenvolveuse seguindo a estrutura propia dos círculos de diálogo,  que se enmarcan dentro das prácticas restaurativas, na que todas as persoas participantes se sitúan nun plano de igualdade e teñen a oportunidade de expresarse. Un obxecto da palabra, vai pasando entre todos os participantes,  favorecendo unha escoita atenta e respectando os tempos de cada quen.

Para construir convivencia, ao longo do círculo formuláronse estas preguntas: 

  • Unha primeira pregunta de presentación: nome, materia que impartes e cantos anos levas na profesión (de ser o caso) , indicando quen forma parte do equipo de convivencia.
  • Unha segunda pregunta: algunha cousa da que te sentiches orgulloso na tua experiencia como profe.
  • Terceira e última pregunta: cal foi a túa motivación para ser profe.

Non se trataba de buscar respostas correctas nin de chegar a conclusións concretas, senón de compartir, escoitar e coñecernos mellor. 

">
">
‹ Desliza para ver máis fotografías ›

 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...