OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL IMPARTIDOS POR QUÉROTE +
Os centros Quérote+ son un servizo público, amable e seguro dirixido á mocidade, familias e profesionais, onde resolver dúbidas de forma anónima.
Entre os seus servizos destacan as consultas, tanto presenciais como en liña, en relación a cuestións relacionadas coa educación afectivo-sexual dirixidas á mocidade.
Tamén imparten programas nos centros educativos. No noso centro estiveron co alumnado de 3º de ESO esta semana. Os contidos que abordaron foron:
- Presentación dos centros Quérote+
- Definición de sexualidade da diversidade como valor.
- Axentes de educación sexual e impacto da pornografía.
- Botrato e consentimento.
- Prevención do embarazo non planificado e enfermidades de transmisión sexual.
En Coruña este servizo está ubicado en Linares Rivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario