martes, 13 de octubre de 2026

 REUNIÓN DA PERSOA TITORA  CAS FAMILIAS

A reunión inicial do profesorado e as familias pode ter unha importancia grande no funcionamento de todo grupo durante o resto do curso. Un dos obxectivos básicos é crear un clima de colaboración que pode contribuir á solución de posibles problemas que poidan xurdir.

Aspectos relativos ó seu desenvolvemento:

  • Valorar a asistencia de quen está, independentemente das persoas que non asistan.
  • Presentación de cada unha das persoas asistentes. Pode ser interesante sentarse en círculo para que todo o mundo vexa ao resto cando fala. Neste sentido os círculos de diálogo poden ser unha ferramenta das prácticas restaurativas útiles.  Axuda a crear bo clima e implicar a todo o mundo no desenvolvemento da mesma. Por deferencia, a persoa titora comezará a rolda de presentación comentando algunhas cousas como: nome, materia e cursos que imparte...Unha vez feita, iniciará unha quenda de presentación do resto: nome, nome do fillo/a e posibilidade de que engadan algunha información a maiores.
  • Explicación dos puntos tratados na presentación que está máis abaixo
  • Que exista un tempo ao final para que se poidan incluír algunha pregunta a maiores das que fosen xurdindo durante o desenvolvemento da reunión.
  • Rematar facendo un resumo dos asuntos máis importante tratados na reunión.
  • Fuxir durante o desenvolvemento da mesma de termos demasiado complicados, técnicos ou abstractos para as familias.
  • Insistir en aspectos básicos como a colaboración e a comunicación como base de traballo e da relación centro-familias
  • Evitar os comentarios personalizados sobre alumnos ou alumnas concretos que deberán ser obxecto de xuntanzas específicas con cada familia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

  REUNIÓN DA PERSOA TITORA  CAS FAMILIAS A  reunión inicial do profesorado e as familias  pode ter unha importancia grande no funcionamento ...