domingo, 18 de junio de 2023

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

O pasado venres, día 19 de Xuño, a rapazada de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán, estivo con nós. Viñeron acompañados das súas titoras e titores xunto ca orientadora.

Eles serán a nova promoción, que formarán parte da nosa comunidade educativa, para o novo curso que empezará o 11 de setembro, tal e como marca o calendario escolar do curso 2023/24. 

Como en anos anteriores, o alumnado mediador tivo un especial protagonismo,  ensinándolles as instalacions e facilitando círculos de diálogo para crear vínculos emocionais e fortalecer as relacións interpersoais. O número de alumnas e alumnos que viñeron ás xornadas foron arredor de 60. Dividíronse en 5 grupos acompañados de 3 mediadores en cada un deles. 

O guión, a modo de esquema. que seguiron os mediadores foi este:

NORMAS:

  • Sentarse no chan en círculo.
  • Os mediadores séntase formando un triángulo  para axudar a controlar o grupo.
  • Só pode falar quen ten a pelota na man. 
  • Os demáis teñen que escoitar.
  • Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
PREGUNTAS DO CÍRCULO

  • Dime o teu nome
  • Que foi o que máis che gustou do que pasou  hoxe?
  • Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
  • Que é o que máis che da medo do centro?
  • Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.


viernes, 26 de mayo de 2023

PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE FÓRA DE GALICIA

Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de expediente.

domingo, 21 de mayo de 2023

 ORIENTACIÓN ACADÉMICA EN 2º DE ESO

Pon atención para saber contestar ás fichas de repaso e preguntas de chequeo.

martes, 9 de mayo de 2023

 OBRADOIROS TALENTO MOZO


O noso centro educativo foi un dos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar neste programa educativo. A convocatoria para solicitarlo foi publicada o 24 de febreiro para un máximo de 30 centros de Galicia.

Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación  impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais  como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.

Hai que dicir tamén, que este mismo programa , xa se levou a cabo con alumnado de 4º de ESO, pero esta vez, foi o Concello de Oleiros quen o ofertou ós tres Institutos. Razón principal para que este programa da Consellería, estivese dirixido as alumnas e alumnos de 3º de ESO, nesta ocasión.

Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio durante dúas sesión lectivas  no salón de actos.

Uxía Varela é profesora de Lingua Galega. Conta, que desde ben pequena.  xa tiña metido na cabeza o da docencia e lembra que xogaba coas monecas a ser profe. Esto si que é ser " vocacional" perseguindo os seus soños, a pesares de que había xente que lle dicía que non fixera o bacharelato de letras porque non tiña saída.

Jacobo traballa, no departamento de recursos humanos,  nunha empresa onde se fabrican pezas led. Cando cursaba o bacharelato, pensaba en estudar algo relacionado co deporte porque era o que lle gustaba. Acabou estudando relacións laborais e está moi contento porque traballar coas persoas é outra das cousas que tamén lle gusta.

Tanto Uxía  como Jacobo insistiron en:
  • Estudar o que a un lle guste
  • Petar nas portas e que non lle poñan barreiras a nada
  • Estudar idiomas
  • Formación continua ó longo de toda a vida
  • Aportar experiencias e formación non formal ( por exemplo voluntariado no caso de Uxía ) nunha entrevista laboral, porque todo o que corresponde a parte académica, xa figura no currículum que ten o entrevistador.
  
Destacar que o alumnado foi moi participativo. Este foi o repertorio de preguntas que lles fixeron ós relatores:
  • Cómo afectan os avances tecnológicos ó mercado laboral?
  • Qué é o que máis e menos lles gusta do seu traballo?
  • A Uxia preguntarónlle, que cousas cambiaría do sistema educativo?
  • A Jacobo, como aborda os despidos laborais cando ten que facelo con algún trabajador? 



 


jueves, 4 de mayo de 2023

 MÁS INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU


Todo sobre a matrícula e algunha cousa mais...

 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...