Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
ANTEPROXECTO DO CURRÍCULO DA ESO: ALGÚNS ASPECTOS A TER EN CONTA
Se ben é certo que aínda que está en fase de tramitación, e tal e como se indica no portal da Consellería de Educación, podería haber algunha modificación durante o proceso. Porén, o curso está a piques de dar comezo e como xa é sabido por toda a comunidade educativa, os cursos impares xa empezan coa normativa LOMLOE. Esta é a razón fundamental pola que se publica esta presentación, coa idea de aclarar aqueles aspectos que me parecen máis relevantes.
miércoles, 22 de junio de 2022
SOLICITUDE DE CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Infórmate do proceso clicando nos botónsde +info
sábado, 4 de junio de 2022
UNHA NOVA AVENTURA: VAMOS PARA O INSTITUTO
A progresiva volta á normalidade permitiu levar a cabo as xornadas de acollida, tal e como eran antes. Xa ía sendo tempo!!
Os mediadores foron os axentes principais, tanto na súa organización como na súa realización. A pesares de andar moi atareados cos exames deste terceiro trimestre, sacaron tempo para as varias xuntanzas que tivemos e para gravar un video, donde falan daqueles aspectos que se consideraban de interés. Idelo ver na presentación de máis abaixo.
A participación deles é fundamental, tanto nos días previos como no propio día que se recibe ó alumnado de Primaria. Ademáis de ser guías para ensinarlles as instalacións do centro, son tamén facilitadores de círculos de diálogo. Esto ven sendo o broche final das xornadas. Posto que o tempo nos acompañou, rematouse esta actividade, sentándose no chan do patio en grupos de aproximadamente de 14 alumnos con cada dous mediadores. Coa axuda dunhas pelotas de goma, fóronlles dando o turno de palabra a todos para participar con preguntas que teñen arte... Ides tamén ver as fotos na presentación.
lunes, 23 de mayo de 2022
PROTOCOLO ABAU
Aquí está todo o que debes de saber....
viernes, 20 de mayo de 2022
BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022/23
A convocatoria de becas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo está publicada dende o 18 de maio. O prazo está aberto ata o 30 de setembro. A solicitude cubrése online e unha vez cuberta xérase un documento PDF que deberá de imprimirse para presentar no centro educativo.
Accede a toda información clicando nos diferentes apartados.
martes, 10 de mayo de 2022
VIDEOS PARA ORIENTARSE SOBRE AS ABAU E A SOLICITUDE DE PRAZA NA UNIVERSIDADE
Chegando á recta final do curso para os de 2º de Bacharelato!! Velaquí estes videos para estar ben informado...
miércoles, 4 de mayo de 2022
VARIOS EX-ALUMNOS COMPARTEN AS SÚAS EXPERIENCIAS COMO UNIVERSITARIOS
Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García foron alumnos do noso centro, ata o curso pasado. Este ano están a cursar o seu primeiro curso na universidade. Non cabe dúbida, que a súas experiencias teñen un valor incalculable para o alumnado que en pouco tempo estará iniciando a mesma folla de ruta.
De cando en vez, voltan ó Instituto para recoller o título e nalgún caso para recordar vellos tempos. Así foi como estes tres alumnos, e por iniciativa deles me dixeron que lle gustaría compartir as súas vivencias co alumnado do Instituto. Os escollidos foron as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato e estiveron connós onte, día 3 de maio.
Prepararon unha presentación como guión para falarlles de:
- A transición entre o Instituto e a Universidade
- A importancia das rutinas e os hábitos na univesidade
- Facer a matrícula de 2º de Bacharelato tendo en conta os parámetros de ponderación
- Perder o medo ás ABAU
- Créditos na universidade
- Ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta
- Diferencias entre vivir nun piso compartido ou nunha residencia
- Horarios académicos distintos segundo o día da semana, na universidade