sábado, 10 de enero de 2026

XORNADAS DE ORIENTACIÓN  ARTÍSTICA E PROFESIONAL 

As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

domingo, 7 de enero de 2024

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS 

En setembro de 2022, a Consellería de Educación publicou o protocolo de protección de datos persoais, xunto cunha guía de preguntas e respostas frecuentes para saber como actuar nos centros educativos.
Nela inclúesen numerosos aspectos que aportan claridade ás numerosas cuestións que se plantexan no día a día da nosa práctica docente e tamén orientadora. A modo de  exemplos, podemos atopar os seguintes:
  • dentro do exercicio dos dereitos en materia de protección de datos, hai un apartado referido aos informes psicopedagóxicos
  • dereitos en materia de videovixilancia nas instalacións do centro educativo
  • uso de whatsapp e mensaxería instantánea
  • captación e difusión de imaxes do alumnado
  • publicación das cualificacións do alumnado
  • idade minima para o tratamento de datos persoais
  • recollida de datos para a función educativa e orientadora
Todos estos apartados, e algún máis recóllense nesta presentación. Tamén aparecen modelos editables do procolo de protección de datos que nos proporcionan modelos de autorizacións. 

jueves, 19 de octubre de 2023

 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...