jueves, 16 de marzo de 2023

 MOZAS E MOZOS REFERENTES


O pasado luns, día 13, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os seus camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional, para chegar ata onde están.

Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consisten en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

Os obxectivos do programa son:
  • Promover o esforzo, desenvolvemento e as habilidades persoais como clave para conseguir aquelo que queremos na vida.
  • Poñer en valor a importancia do camiño que todos desenvolvemos para chegar ós nosos obxectivos.
  • Comunicar a realidade e non tanto as mensaxes negativas que escoitamos a diario en relación ó emprego e a empregabilidade.
  • Falar de experiencias cercanas e reais para que se convirtan en referentes reais para os participantes.
O formato da charla foi tipo entrevista na que Alexia Boquete, mediante preguntas, foron respondendo tanto Inés como Daniel para dar conta das súas vivencias e experiencias formativas e laborais. As mensaxes que intentaron transmitir poden ser resumidas en:
  • Pasar polos distintos departamentos ou áreas dentro dunha empresa axuda a desenvolver as habilidades para ter unha visión global. Ao mesmo tempo capacita para poder asumir a responsabilidade de estar ó mando dunha seccción ou da propia corporación.
  • A formación continua é a clave. Un título univesitario ou de Formación Profesional non aporta todo o que precisas saber cando te enfrentas ó mundo laboral. 
  • Non hai carreiras universitarias con saídas. Hai persoas con saídas.
  • Hai que intentar escoitar e ver os problemas que ten a xente para poder proporcionarlle axuda.
  • Non se chega a ter éxito por sorte como se quere vende a través das redes sociais. A sorte hai que buscala.
  • Na nosa sociedade, o erro e o fracaso ten unhas connotacións moi negativas. Sen embargo, son necesarios para avanzar e mellorar. O fracaso implica aprender. Nas entrevistas de traballo en EE.UU non confían nas persoas que manifestan que nunca tiveron fracasos ou se equivocaron.





 

martes, 28 de febrero de 2023

 A FP DUAL 


Ana Álvarez e Germán Vázquez, estiveron o luns 17 de febreiro no noso centro para proporcionar información sobre a FP Dual ó alumnado de 4º de ESO.

Estes foron os temas nos que centraron a súa explicación:
  • A FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa.
  • Diferenzas entre a FCT ( Formación en centros de traballo) e a FP Dual:
    • A FCT non é remunerada e a FP Dual si( cóbrase un mínimo de SMI ( 540 Euros)
    • A FCT dura 2 meses e medio e a Dual ten unha duración entre 6 e 18 meses.
    • A FCT non cotiza a seguridade social e a FP Dual si.
  • Diferenzas  entre FP Dual de grupo completo e FP de ordinario:
    • FP DUAL de grupo completo: os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo
    • FP de ordinario: 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto
  • Empresas que teñen convenio coa oferta de Dual que hai na contorna.
  • Formación complementaria á que poden acceder na empresa.





domingo, 26 de febrero de 2023

 A USC NO NOSO CENTRO


Este ano foi Vicente Moreno, profesor da facultade de Física quen veu ó noso centro, o pasado venres 17 de febreiro, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ó alumnado de 2º de bacharelato. Esta foi a presentación que utilizou para informar ó alumnado.







viernes, 17 de febrero de 2023

 OS CÍRCULOS DE DIÁLOGO AXUDAN A MELLORAR A CONVIENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

O catálogo de actividades palanca do Programa  Proa + ( Programa par a Orientación, Avance e Enriquecimento educativo ) do Ministerio de Educación, inclúe os círculos de diálogo como unha delas. Está codificada con  código A309.

Esta actividade palanca foi a que escollemos no noso centro como eixe central do Plan Estratéxico de Mellora. É algo que levamos facendo fai anos dende o equipo de convivencia.

Garda relación coa Axenda 2030 adoptada polas Nacións Unidas en septembro de 2015, na que se inclúen 17 obxectivos de desenrollo sostible. Un deles é proporcionar unha educación inclusiva que garanta a igualdade de oportunidades, sendo os círculos de diálogo unha ferramenta que posibilita este clima inclusivo.

Nesta presentación, recóllense diferentes aspectos para poñelos en práctica e os materiais bibliográficos utilizados para a súa elaboración. Podes acceder a cada apartado clicando dende o menú superior

domingo, 5 de febrero de 2023

 ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO


O Xoves da semana pasada, día 2 de Febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato visitou aquelas facultades que tivo que escoller,  con anterioridade. Este ano os itinerarios de máis preferencia foron:
  • Ciencias da Educación e Traballo Social
  • Mediciña e Enfermaría
  • Económicas e Empresariais
  • Matemáticas e Física
  • Psicoloxía
Este ano, alá me fun, cas alumnas e alumnos que estaban interesados no primeiro do percorridos, antes mencionado.
Na facultade de Ciencias de Educación, recibiunos o vicedecano da facultade. Éstas son algunhas notas a reseñar, do que nos contou: 
  • Despois de Mediciña é a segunda facultade máis grande de Galicia
  • Na actualidade, a devandita facultade ten dous edificios. 
    • Un está no campus Norte, que é onde se imparten os graos de:
      • Grao en Mestre de Educación Infantil
      • Grao en Mestre de Educación Primaria
      • Dobre Grao en Mestre en Educación Infantil e Primaria
    • O outro edificio está no campus Sur. Neste pódense estudar:
      • Grao en Educación Social
      • Grao en Pedagoxía
  • Co tempo, desaparecerá o edificio do campus norte e todos os graos, citados antes, estudaranse no campus Sur.
  • Unha vez cursados os dous primeiros anos, nos graos de Educación Infantil e Primaria, hai tres mencións para poder especializarse:
    • Mención en Inglés
    • Mención en Atención á Diversidade
    • Mención en Música
  • No campus de Lugo, que pertence ,a UDC, na facultade de Ciencias de Educación pódese cursar a mención en Eduación Física.
  • Os prácticum pódense facer tanto en escolas de educación infantil como en colexios de educación infantil e primaria. Tamén se poderían cursar en aulas hospitalarias, aínda que na actualidade só se ofertan no Grao en Pedagoxía.
Na segunda parte da mañan, visitamos a facultade de Traballo Social. Aspectos a destacar:
  • É un centro adscrito a USC. Para que nos fagamos unha idea do que esto supón, podería ter unha equivalencia co que coñecemos como ensinanza concertada.
  • Impártese tamén en Ourense.
  • Aínda que o proceso de preinscripción se inicia, dun xeito regular, a través de NERTA como no caso dos restantes graos, a finalización remata na propia facultade por tratarse dun centro adscrito.
  • Este grao require:
    • Un  elevado compromiso social.
    • Boa disposición para traballar en grupo ( psicólogos, educadores sociais...)
  • É a antigua titulación de asistente social. 
  • Ámbitos nos que intervén un traballador social:
    • Servizos de atención  a adicións
    • Servizos de proteción a menores
    • Xulgados de menores
    • Gabinetes de orientación familiar
    • Servizos de atención á persoas imigrantes
    • Centros de atención á persoas maiores
    • Centros de atención á persoas con discapacidade
    • Centros de atención á muller.

jueves, 5 de enero de 2023

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 

Accede a información clicando nos distintos apartados para saber máis. Din que a letra entra mellor, se se presenta en varios canais sensoriais. É un dos principios da mirada DUA: ofrecer distintos formatos de presentación.


martes, 4 de octubre de 2022

  REUNIÓN DA PERSOA TITORA  CAS FAMILIAS A  reunión inicial do profesorado e as familias  pode ter unha importancia grande no funcionamento ...