QUE AXIÑA CHEGA 3º DE ESO !!!
Do 2 ao 22 de maio, terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente, da información que precisas para realizar unha axeitada elección.
Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas definitiva.
Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa, como é o caso do mínimo legal dos alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ) Polo tanto, é IMPORTANTE que cubras este documento como se fose a matrícula definitiva.
Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros atoparedes na presentación. Se aínda así, tes DÚBIDAS podes vir ó departamento de orientación para tratar de resolverlas.
RECORDA: nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.