miércoles, 4 de octubre de 2017

APRENDENDO A MEDIAR


Como se aprende a mediar? Pois, como todo nesta vida, a base de práctica. Esta foi a consigna, que o equipo de convivencia e mediación, lle deu ós formadores que impartiron este Obradoiro. 

Asistiron un total de 20 alumnos que xa tiñan coñecementos neste tema, é dicir, xa en cursos pasados,  recibiran formación teórico-práctica. A realización do cursiño rematou a semana pasada. Tivo unha duración de 12 horas. 

Traballaronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas. Esta cuestión é de relevancia, porque axuda a tomar conciencia de que os conflitos forman parte das nosas vidas diarias e ante eles debemos de adoptar un enfoque restaurativo, que axuda a reestablecer as relacións que estaban deterioradas. Tamén axuda a crear sentimento de grupo, entre os alumnos que asistiron,  chegando a facer propostas, sumamente interesantes para facer máis visible a mediación na vida do centro, se ben é certo,  que a mediación como ferramenta de resolución pacífica, leva xa varios anos implementada no Instituto. 







martes, 3 de octubre de 2017

QUERO ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO


Se eres dos que che gusta vivir novas experiencias, esta é unha gran ocasión para probar sorte e inscribirte nas becas que anualmente convoca a Fundación Amancio Ortega. Os países acolledores son Estados Unidos e Canadá. Son un total de 80 becas para a nosa Comunidade Autónoma. Mira esta presentación interactiva para saber como tes que facer...

sábado, 30 de septiembre de 2017

ACI-PROGRÁMAME


Oscar Abilleira , na súa páxina recursoseducativos.net,  ten varias aplicacións para axuda dos docentes e tamén para o colectivo de orientadores. De seguro, que trala avaliación inicial,  se toman medidas como a de elaborar Adaptacións Curriculares Significativas para determinados alumnos. Polo tanto, ésta é unha ferramenta, da cal podemos votar man, é o que é máis importante, aforrar tempo que sempre é escaso, para todas as labores que temos encomendadas.

sábado, 16 de septiembre de 2017

CAMPAÑA PREVENTIVA PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA NOS CENTROS

Xa temos ó noso dispor a información relativa e como solicitar as charlas informativas que dende fai algúns anos, pon en marcha a Alta Inspección de Educación en colaboración co Ministerio do Interior, para aprender a convivir nos espazos nos que nos relacionamos e tamén no ciberespacio.

domingo, 10 de septiembre de 2017

MÁIS BECAS PARA ESTUDAR FP


Se vas estudar un ciclo de grao medio ou superior nas ramas profesionais que aparecen nesta presentación interactiva, en algún centro de A Coruña e Arteixo, debes de darlle ó rato para saber máis. Adiántoche un dato IMPORTANTE!!!: non é incompatible coa solicitude doutas axudas, como pode ser a beca do MEC.

jueves, 7 de septiembre de 2017

ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR!!!!!


Se estabas pendente por saber como che foi nos exames de setembro e tes claro que queres probar sorte nun ciclo formativo de grao medio ou superior, ésto é o que precisas saber. DALLE Ó RATO AXIÑA QUE MAÑÁN MESMO REMATA O PRAZO.

miércoles, 6 de septiembre de 2017

ESTAMOS EN PRAZO PARA SOLICITAR UN CICLO DE FP BÁSICA


Se estás pensando en facer un ciclo de Formación Profesional Básico, e agora o tempo de solicitalo. Non esquezas que dende aquí tamén podes chegar á universidade se lle pós ganas. Olla este presentación interactiva para saber qué tes que facer,  e se aínda tes dúbidas,  ven axiña a Orientación que o tempo corre...

 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...