lunes, 2 de enero de 2017

 MANNEQUIN CHALLENGE CON VALOR EDUCATIVO


Aproveitando o tirón que os mannequins challenges están a ter na nosa sociedade e por ende o noso alumnado, propúxenlles,  a un grupo de 1º de ESO que está a cursar a materia de valores éticos, que fixéramos como producto final unha gravación de este estilo. A actividade foi moi ben acollida e a producción de ideas foi fantástica. 

Son un total de dezaoito alumnos. Ides ver como se puxo de manifesto a intelixencia colaborativa. O primeiro que lles dixen foi, que tiñamos que representar algo que tivese que ver coa materia que nos ocupa. Dende o primeiro día de clase, todos eles saben, que todo o que traballamos ten que ver cos valores que se proclaman como universais. Enseguida, alguén dixo, que podíamos facer unha perfomance sobre os " refuxiados ". Todo encaixaba moi ben e ademáis tamén se enmarcaba dentro do proxecto, que se está a traballar no centro de xeito interdisciplinar, que leva como título "HUMANO". 


Despois, formos repartindo distintos roles e o material que tiñamos que traer entre todos, para vestir e darlle ambiente as imaxes petrificadas que se iban representar: 
  • Un periodista coa súa cámara fotográfica
  • Os refuxiados que chegan enfermos e deshidratados
  • Os refuxiados que perden a súa vida no intento de atravesar o océano
  • Os refuxiados lisiados con muletas
  • Os nenos famentos
  • Personal das ONGs repartindo auga e alimentos
  • Un refuxiado pedindo auxilio cun cartel SOS
O último que nos quedaba por maquinar era,  donde o podíamos facer,  porque nunha aula non nos parecía o escenario máis axeitado. Así que decidimos, que se o ximnasio non estaba ocupado, sería o mellor sitio para facelo,  por aquilo de que cando os inmigrantes están recén chegados, permanencen en recintos amplos, como os pavillóns. 

Velaquí o video

sábado, 10 de diciembre de 2016

A AMIZADE REPRESENTADA NUN CÓMIC


Antes de nada, o primeiro que debo de  dicir é que a miña fonte de inspiración para este post foi Ada Agrasar Valcárcel e algúns dos seus compañeros e compañeiras da súa clase. 

Veredes, todo empezou cando un día decidín traballar o tema do " respeto ás diferencias" a través da animación dun corto maravilloso que vos recomendo, se é que aínda, non tivestes a ocasión de velo. A temática central é do mesmo estilo , que podedes atopar tamén en "El cazo de Lorenzo" "Por cuatro esquinitas de nada" . 

Todos eles son altamente recomendables para sensibilizar e tomar conciencia de que todos somos diferentes,  pero ó mesmo tempo todos somos iguais , porque aínda que non hai dous individuos iguais,  no fondo todos queremos ser aceptados e estar integrados nun grupo. 

Vénseme á tarabela, cando escribo esto, que ata nós mesmos,  profesionais da educación, non somos coherentes...estámos pedindolle ó alumnado que non segregue, que non aparte, que sexa acolledor, que non discrimine... e paradóxicamente facemos caso omiso do principio de inclusión educativa,  que debe de primar na atención á diversidade do alumnado. Aclaro mellor isto, inclusión educativa: NINGÚN alumno sae da aula dos seus iguais, pola contra, exclusión educativa: determinados alumnos saen a aula de apoio. E quen vos parece que somos os responsables? NÓS MESMOS. Ou sexa, excluímos, separamos, segregamos, ferimos sentimentos. Teño que confesar que algunha vez doeume o corazón cando lle tiven que dicir ás familias e ó propio alumno que tiña que sair unhas horas á semana para que lle axudasen coas mates ou as linguas... e despois enchésenos a boca nas avaliacións cando decimos que ten baixa autoestima.

Deixando esto a un lado, que non é POUCO.... sigo a contar como traballamos o corto do que falaba máis arriba. Supoño que coma moitos  profes, o valor educativo de calquer corto, non é tanto a proxección en sí , como o debate, a análisis e a reflexión que calquer docente tenta a facer co alumnado. Non é doado de facer ou polo menos a mín non me resulta fácil, tamén ten que ver a idade evolutiva dos alumnos. A metodoloxía que sigo é a dos "círculos restaurativos". A disposición como o seu nome o indica é sentados en círculos, e procuro que tódos os alumnos teñan a oportunidade de expresar o que pensan e algo máis difícil " o que sienten".  Pois ben, a lectura ou significado que lle demos ó corto foi en resumen " os lazos de amizade que se establecen entre a protagonista e un neno que vai en cadeira de rodas. 

Unha vez rematada a sesión, pedinlles a cada alumno, que expresanse no formato que quixeran,  a amizade. Todos sabemos que este  aspecto  cobra unha grande importancia na adolescencia. Por certo, esquecín dicir que os alumnos son un grupo  maravilloso de 1º de ESO e que este año tiven a sorte de impartirles a materia de valores éticos. Aquí podedes ver como representa Ada Agrasar Valcárcel a amizade que se establece entre dúas amigas,  que se coñecen a través dun intercambio entre centros educativos e a quen teño que agradecerlle,  que quixese compartir con todos vós este divertido e entrañable cómic. Terán algo que ver os intercambios que organiza o Departamento de Francés? Téñolle que preguntar... 












sábado, 3 de diciembre de 2016

OS PRIMEIROS DÍAS NO INSTITUTO


Xa queda moi pouco para que finalice este primeiro trimestre. Os alumnos están a voltas coa morea de exames, entrega de traballos, láminas de debuxo,  maquetas  e un desenfreado ecétera, ecétera. Aínda así buscan tempo nos seus períodos de lecer para contarme as súas sensacións, temores, impresións que tiveron dende os seus comenzos no Instituto. Son testemuñas que  teñen un grande valor para asomarse á ventá do noso centro. A GOLPE DE CLIC!

sábado, 19 de noviembre de 2016

ENTRENARSE PARA O ESTUDO


Xa levamos un tempo dende que o curso deu  comenzo, e se eres dos preguiceiros que:
  • Tardas moito en acomodarte e preparar todo para empezar a estudar
  • Estás todo o tempo pendente do móvil
  • Deixas todo para o día antes do exame e estudas só algunhas cousas desexando ter sorte para que che poña o profesor xusto esas...
  • Cústache planificar as cousas e che pasan os días sin arranxar as cousas pendentes
  • Dis " non podo" ante calquer dificultade, antes de intentalo
  • Resultache difícil acabar unha tarefa ou traballo nun determinado tempo, empezas ben peron non o acabas ou se queda a medias...

NON TE DESMORALICES, aquí tes algúns trucos que che poden axudar, para así poder ter garantías de que as cousas che van a ir ben, posto que xa empezas a ter EXAMES.

LEMBRA que agora xa estás en Secundaria, e ó mellor xa non tes tantos deberes como cando estabas no cole de Primaria, por isto mesmo, vas ter que POÑER AS PILAS a cargar porque estudar non é SÓ FACER DEBERES. É algo máis que che vou contar aquí. ASÍ que dalle ó CLIC...



lunes, 10 de octubre de 2016

PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA


  • OBXECTIVO: Facilitar o aprendizaxe do inglés e a inmersión nunha cultura estranxeira.
  • ALUMNOS ÓS QUE VAI DIRIXIDO O PROGRAMA: estudantes de 4º de ESO que cursarán o grado 11 ( equivalente a 1º de Bacharelato ) no curso escolar 2017/18.
  • PAÍSES NOS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA: Canadá e Estados Unidos
  • NÚMERO DE BECAS: 500 becas, das cales 80 corresponden a estudantes de Galcia e 420 para o resto de Comunidades Autónomas.
  • REQUISITOS: 

  1. Estar cursando 4º de ESO e ter pasaporte español
  2. Ter en 3º de ESO unha nota media igual ou superior a 7 puntos e na materia de Inglés igual ou superior a 8 puntos 
  3. Non ter estudado un ano académico no estranxeiro,  con anterioridade
  • PRAZO DE ENVÍO DE SOLICITUDES: Dende o 3 de outubro ó 15 de novembro de 2016. A solicitude faise online
Posteriormente realizaranse unha proba de inglés escrita ( 25-26 de novembro) e outra oral por skype. A lista de seleccionados publicarase o 27 de xaneiro de 2017. Consulta todas estas datas,  aquí.

Podes consultar toda a información na seguinte ligazón:

http://becas.faortega.org/#convocatoria

domingo, 2 de octubre de 2016


UNS APUNTES PARA TER EN CONTA NOS PROCESOS DE MEDIACIÓN

Son da opinión de que non debemos de enconsertarnos nun único enfoque sobre cualquer disciplina ou ámbito do saber. Noutras palabras, gústame levar a práctica eso que se dí “ ser ancho de miras”. Por esto mesmo, cando se me ofreceu a posibilidade de acudir a un encontro de profesionais que traballan en casos de mediación dende o mundo da abogacía, non o pensei dúas veces.

Fixádevos, o nome que levaba como título estes encontros,  era “ 1º Laboratorio de mediación familiar” espacio colaborativo de debate, reflexión e creación conxunta. Estaredes dacordo conmigo  de que,  a pouco que a un lle gusten estos temas, vese tentado a asistir, para escoitar o que dicen,  pensan e aportan outros profesionais.

A asistencia a este laboratorio cumpriu con creces as miñas expectativas. Aprendín cousas, que sería difícil atopalas no mellor dos manuais que hai publicados sobre mediación. E a eso vou...

Quedei estupefacta cando me explicaron o que é un “genograma”. O mellor para algúns pode ser unha simpleza pero para min foi algo novo. É algo así como un árbol xenealógico,  que se utiliza para coñecer a estructura familiar e as relacións que se establecen entre eles pero non só biológicas. É dicir pódenos dar información detallada de cómo é a convivencia entre os membros dunha unidade familiar, tendo un acceso rápido a contidos cunha forte carga emocional. No ámbito da educación temos algo parecido que é o sociograma para avaliar as relacións que se establecen dentro dun grupo-clase. Cando estaba escoitando esto, ocurríuseme que podía ser de utilidade cando nos centros educativos, algún alumno che está describindo unha situación conflictiva na que interveñen varias partes en conflito e ás veces pérdeste entre tantos nomes e como actuou cada quen. Sería algo así como un organizador gráfico que axuda a clarificar o acontecido. Alguén dicía que había ferramentas online que ayudaban a facer esta tarefa

  • Tamén aprendín que un abogado que defende o seu cliente nunca podería desempeñar o rol de mediador entre as dúas partes porque no caso de non chegar a acordo e ir pola vía xudicial, esta información non podería ser utilizada pola confidencialidade dos procesos de mediación. Por outra banda, as partes estarían condicionadas e non se establecería un clima de confianza.

  •  A todos nos pareceu importante que a colocación dos mediados é mediadores  non debe de ser o chou. Sería máis ou menos unha disposición parecida a que se pode observar neste gráfico.


  • A co-mediación ou o que é o mesmo a intervención de dous mediadores facilita os procesos de mediación. Saber facer preguntas abertas é fundamental para acadar a máxima información e resulta máis doado se o peso recae en máis dunha persoa. Tamén facilita a observación da linguaxe non verbal dos mediados proporcionando tantos o máis datos ca linguaxe verbal. É fundamental que os mediadores fagan un "análise de casos", para ver que erros se cometeron, que dificultades atoparon...
  • Foi unha lástima que entre os asistentes só estivera eu como representante do eido educativo, xa que nese caso as aportacións serían máis enriquecedoras. Todos chegamos á conclusión de que implantar nos centros educativos, programas que fomenten a formación de mediadores e o diálogo como ferramenta de resolución pacífica de conflitos, evitaría que moitos casos xudiciais se resolvesen pola vía penal e seguramente se solucionarían dun xeito amistoso.

  • Polo que puiden comprobar, no eido xurídico non hai "cultura de mediación", no sentido de que moitos non teñen un coñecemento en profundidade e confúndena coa negociación. A maiores, non todo o colectivo ten fe cega en que pode ser efectiva. Esto non é moi diferente do que pasa nos centros educativos, amén de que tampouco non hai un apoio institucional, a pesares de que o poñen "bonito" na lei de que convivencia, pero é só para que quede ben, e os centros que arreglan como poidan e mellor, se hai algún que se lle dé por pensar que a educación é algo máis que "as listas de materias top".


 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...