GUÍA TI ELIXES 2026
Con motivo da realización das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional 2026, a Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña pon ao dispor da comunidade educativa a Guía Ti Elixes! 2026, co obxectivo de converterse nunha ferramenta práctica que lle facilite a toma de decisións sobre o futuro académico e profesional ao alumnado de educación secundaria e sirva de apoio ao labor dos equipos de orientación de institutos e centros privados.
A Guía Ti Elixes! ofrece información sobre a oferta educativa de FP, universitaria e de aprendizaxe de idiomas, busca de emprego e unha selección de bolsas e axudas convocadas por entidades públicas e privadas, tanto en España como no estranxeiro.
A recompilación e presentación da información desta guía foi realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, en coordinación co Servizo Municipal de Educación.
A Rede conta con 3 espazos, situados no Centro Ágora, no Espazo Xuvenil Naves do Metrosideiro e no Fórum Metropolitano, que ofrecen ao longo de todo o ano unha asesoría educativo-profesional a disposición das persoas mozas. Contacta en: www.coruna.gal/informacionxuvenil
No hay comentarios:
Publicar un comentario