miércoles, 22 de marzo de 2023

 BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Aquí está toda a información:

 BECAS PARA CURSAR BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Aquí está toda a información que precisas:

lunes, 20 de marzo de 2023

II FEIRA DE ORIENTACIÓN EN OLEIROS 

Un ano máis, o pasado venres , día 17 de Marzo, tivo lugar a segunda edición desta feira . Estivo organizada polo Concello de Oleiros e os institutos desta zona. Neste lugar déronse cita profesionais de diversos ámbitos, dende as univesidades, formación profesional, centros municipais de emprego, casa da mocidade de Oleiros... Sumaban un total de 32 participantes. 




É unha gran oportunidade para estar ben informado dun abano de opcións, entre as cales o alumnado pode escoller. Estas foron algunhas das cuestións que as nosas alumnas e alumnos lles plantexaron ós colaboradores desta feira:
  • Se fago un ciclo de grao superior de formación profesional de .........a que estudos universitarios podo acceder?
  • Que materias de bacharelato son fundamentaris para cursar os estudos de.....?
  • Se fago un ciclo medio de formación profesional de......podo facelo en modalidade DUAL?
  • Se empezo a cursar un grao universitario de........podo acceder a este outro de......?
  • En que podo traballar ou cales son as ocupacións laborais se estudo......?
  • Que teño que estudar se me matriculo en.....?
  • Tería que facer prácticas e donde as faría se estudo.....?
  • En que curso podo irme de Erasmus e cales son os países acolledores se fago un grao universitario de....?
  • Teño que pagar algo se estudo.....?
  • Teño becas se estudo....?







jueves, 16 de marzo de 2023

 MOZAS E MOZOS REFERENTES


O pasado luns, día 13, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os seus camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional, para chegar ata onde están.

Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consisten en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

Os obxectivos do programa son:
  • Promover o esforzo, desenvolvemento e as habilidades persoais como clave para conseguir aquelo que queremos na vida.
  • Poñer en valor a importancia do camiño que todos desenvolvemos para chegar ós nosos obxectivos.
  • Comunicar a realidade e non tanto as mensaxes negativas que escoitamos a diario en relación ó emprego e a empregabilidade.
  • Falar de experiencias cercanas e reais para que se convirtan en referentes reais para os participantes.
O formato da charla foi tipo entrevista na que Alexia Boquete, mediante preguntas, foron respondendo tanto Inés como Daniel para dar conta das súas vivencias e experiencias formativas e laborais. As mensaxes que intentaron transmitir poden ser resumidas en:
  • Pasar polos distintos departamentos ou áreas dentro dunha empresa axuda a desenvolver as habilidades para ter unha visión global. Ao mesmo tempo capacita para poder asumir a responsabilidade de estar ó mando dunha seccción ou da propia corporación.
  • A formación continua é a clave. Un título univesitario ou de Formación Profesional non aporta todo o que precisas saber cando te enfrentas ó mundo laboral. 
  • Non hai carreiras universitarias con saídas. Hai persoas con saídas.
  • Hai que intentar escoitar e ver os problemas que ten a xente para poder proporcionarlle axuda.
  • Non se chega a ter éxito por sorte como se quere vende a través das redes sociais. A sorte hai que buscala.
  • Na nosa sociedade, o erro e o fracaso ten unhas connotacións moi negativas. Sen embargo, son necesarios para avanzar e mellorar. O fracaso implica aprender. Nas entrevistas de traballo en EE.UU non confían nas persoas que manifestan que nunca tiveron fracasos ou se equivocaron.





 

martes, 28 de febrero de 2023

 A FP DUAL 


Ana Álvarez e Germán Vázquez, estiveron o luns 17 de febreiro no noso centro para proporcionar información sobre a FP Dual ó alumnado de 4º de ESO.

Estes foron os temas nos que centraron a súa explicación:
  • A FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa.
  • Diferenzas entre a FCT ( Formación en centros de traballo) e a FP Dual:
    • A FCT non é remunerada e a FP Dual si( cóbrase un mínimo de SMI ( 540 Euros)
    • A FCT dura 2 meses e medio e a Dual ten unha duración entre 6 e 18 meses.
    • A FCT non cotiza a seguridade social e a FP Dual si.
  • Diferenzas  entre FP Dual de grupo completo e FP de ordinario:
    • FP DUAL de grupo completo: os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo
    • FP de ordinario: 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto
  • Empresas que teñen convenio coa oferta de Dual que hai na contorna.
  • Formación complementaria á que poden acceder na empresa.





domingo, 26 de febrero de 2023

 A USC NO NOSO CENTRO


Este ano foi Vicente Moreno, profesor da facultade de Física quen veu ó noso centro, o pasado venres 17 de febreiro, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ó alumnado de 2º de bacharelato. Esta foi a presentación que utilizou para informar ó alumnado.







viernes, 17 de febrero de 2023

 OS CÍRCULOS DE DIÁLOGO AXUDAN A MELLORAR A CONVIENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

O catálogo de actividades palanca do Programa  Proa + ( Programa par a Orientación, Avance e Enriquecimento educativo ) do Ministerio de Educación, inclúe os círculos de diálogo como unha delas. Está codificada con  código A309.

Esta actividade palanca foi a que escollemos no noso centro como eixe central do Plan Estratéxico de Mellora. É algo que levamos facendo fai anos dende o equipo de convivencia.

Garda relación coa Axenda 2030 adoptada polas Nacións Unidas en septembro de 2015, na que se inclúen 17 obxectivos de desenrollo sostible. Un deles é proporcionar unha educación inclusiva que garanta a igualdade de oportunidades, sendo os círculos de diálogo unha ferramenta que posibilita este clima inclusivo.

Nesta presentación, recóllense diferentes aspectos para poñelos en práctica e os materiais bibliográficos utilizados para a súa elaboración. Podes acceder a cada apartado clicando dende o menú superior

  REUNIÓN DA PERSOA TITORA  CAS FAMILIAS A  reunión inicial do profesorado e as familias  pode ter unha importancia grande no funcionamento ...