sábado, 29 de enero de 2022

CUESTIÓNS RELATIVAS A NORMATIVA SOBRE A AVALIACIÓN NA ESO E BACHARELATO

En breve será publicada a orde do 25 de xaneiro de 2022, sobre a avaliación na educación primaria, ESO e bacharelato  no Diario Oficial de Galicia. Nesta presentación están recollidos cuestións relativas:
  • promoción
  • titulación
  • consello orientador
  • modificación do calendario escolar
  • programas de diversificación curricular
  • matrículas de honra 

viernes, 14 de enero de 2022

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Lembra que si consigues superar estas probas, poderás acceder a un 10 % das plazas que se oferten en cada ciclo formativo. Pincha no panel para saber máis.

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Acceso á información nesta presentación interactiva.

martes, 4 de enero de 2022

 PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Nada máis entrar no portal da Consellería de Educación, na cabeceira hai un recadro,  e ben grande, donde di " volvamos á escola con sentidiño ". Neste apartado hai unha serie de documentos para descarga,  en relación a medidas sanitarias, protocolo Covid e máis cousas...

Na volta segura ás aulas tamén ten que ver a competencia emocional para fortalecer a resiliencia para vencer a esta maldita  pandemia que está a provocar moito sufrimento e malestar nas aulas. Parece lóxico que ademáis de adoptar medidas de protección para evitar os contaxios,  precisamos ter algún botiquín emocional para curar ese malestar. Ás veces é evidente nas aulas pero noutros casos está máis soterrado e precisamos dalgunha estratexia que nos guíe nesa labor de acompañamento como educadores.

É importante sinalar que este plan está pensado para todos os profesionais que traballamos no ámbito da educación, sen que sexa necesario ter coñecementos previos sobre educación emocional. 

Nel inclúense unha contextualización teórica breve, pistas para detectar e acompañar en caso de malestar e dó,  para rematar con propostas didácticas grupais .

Accede a presentación para ver o índice de contidos e preme neles para saber máis...

domingo, 19 de diciembre de 2021

  QUERO SER EDUCADOR SOCIAL

Laura  Barejano Domínguez, educadora social do Concello de Oleiros, estivo coa rapazada de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o pasado 15 de febreiro para falarlles do que fan estes profesionais. 

Non foi só unha charla expositiva dos acometidos cos que se atopa no día a dia do seu traballo. A sesión de non máis de 50 minutos estaba deseñada con dinámica de grupos, na que primeiramente e a modo de introdución, o alumnado tivo que escoller dúas problemáticas sociais que lles preocupaban, para posteriormente facer unha posta en común. Estas foron as temáticas escollidas:

  • Violencia de xénero
  • Inmigración
  • Desigualdade de xénero
  • Homofobia
  • Obesidade
  • Crisis opiaceos
  • Medioambiente
  • Bulling
A continuación e para analizar os conceptos de xustiza social, igualdade e liberdade visualizaron este video.


A continuación, e cunha breve exposición explicounos,  que contribuir ao desenvolvemento integral, facilitar a inclusión e benestar, participación e promoción social das persoas, grupos e comunidades sería o obxectivo principal da educación social. Tamén nos contou de maneria breve, como se traballa:
  • Deseñando, aplicando e avaliando plans, programas e proxectos
  • Traballando en equipos multidisciplinares con outros profesionais: traballador social, terapeuta ocupacional, animador sociocultural, psicólogos...
  • Acollendo e acompañando para conseguir como fin último a autonomía das persoas
  • Colaborando en rede entre diferentes entidades e institucións
Seguidamente, os alumnos tiveron que debatir por grupos, que características persoais deberían ter os educadores sociais: Estas foron as conclusións ás que chegaron:
  • Ser empático
  • Ser comprensivo
  • Non xulgar
  • Ser tolerante
  • Ter paciencia
  • Ter vocación
  • Ser extrovertido
  • Ser organizado
  • Ser xeneroso
  • Ser implicado
  • Saber escoitar
  • Ser solidario
  • Ter a mente aberta
  • Ser socialbe
  • Ter intelixencia emocional
  • Ser optimista
Hai que destacar a extraordinaria sensibilidade que o alumnado tivo, para apuntar todas estas aptitudes e que se poden ver reflectidas nesta imaxe que a relatora nos amosou: 


E xa para rematar, Laura relatou a sua experiencia laboral en anos anteriores, desenvolvendo a súa traxectoria profesional en distintos ámbitos laborais, que cito a continuación:
  • Dinamizadora sociocultural nun pobo de Logroño
  • Dinamizador dun programa ocupacional nun centro residencial de persoas con discapacidade intelectual en Santiago
  • Titora de inserción laboral no concello de Santiago de Compostela
  • Traballando na Cruz Vermella en proxectos educativos de participación e intervención social e tamén facendo labores de acompañamento a persoas en situación de exclusión severa.

domingo, 12 de diciembre de 2021

 A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato. 

Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.


 TECENDO VÍNCULOS:  CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para  escoitarnos...