INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 4º DE ESO
Escolle con sentidiño as materias de bacharelato. Olla ben os parámetros de orientación para poder subir nota nas ABAU. Mira e remira esta presentación para ir ó seguro.
Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
Os cambios que se aveciñan,como consecuencia da aprobación da LOMLOE, non afectan ó alumnado que estará en bacharelato, o curso vindeiro. Polo tanto, as novidades introducidas con respecto á información proporcionada en cursos anteriores, son mínimas.
Agradecementos a Irene Fariña, porque parte desta presentación interactiva é traballo dela. O espíritu colaborativo sempre suma....
TECENDO VÍNCULOS: CÍRCULO DE ENCONTRO E DIÁLOGO CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN Comezamos o curso creando un espazo para escoitarnos...