Xornada de Portas Abertas 2026 no campus de A Coruña
Descubre o teu futuro nesta Xornada de Portas Abertas!
Vén a coñecer a nosa universidade:
- Campus da Coruña: días 12 e 13 de marzo de 2026 en horario de tarde.
Explora as nosas instalacións, coñece en detalle a nosa oferta académica e sumérxete na vida universitaria a través de encontros co profesorado e estudantado, que te guiarán en visitas e actividades deseñadas para que vivas a experiencia de primeira man.
Inscríbete nas facultades do teu interese, seleccionando o horario que sexa mellor para ti.
Recibirás un agasallo especial: unha bolsa exclusiva da UDC.
